Quantcast
Channel: Snob Megalove
Viewing all articles
Browse latest Browse all 11

Este Blogue Non Está Abandonado

$
0
0

Vale, hai dous anos do último post. Pero neste tempo teño constancia de que a xente non deixou de visitar e poñer a proba a receita do Brownie do Snob Megalove, de procurar a verdadeira historia dos Kafkianos del Jaján (ou Gagán, como me informaron os corteses comentaristas), de seguir os consellos do Sapo Trapalleiro e, se cadra o que máis me enche de orgullo, de escoitar e descargar as cancións de Shit Pony, desde o primeiro golpazo aos que viñeron despois.

Xa que logo, resístome a dar por morto este recunchiño da rede que tanto traballiño me deu. É certo que a miña ferramenta predilecta de comunicación nestes tempos é o meu Twitter; e que entre o meu Tumblr, os compartidos do Old Reader, o exhibicionismo emborronado do Instagram, as casetes do 8Tracks e tanta rede social orientada aos contidos na que ande enguedellado, pois pouco tempo, forzas e inspiración teño para crear posts coma este. Pero do mesmo xeito que non morre un libro cando o autor pon o punto final, este blogue declárase vivo.

Se estás a ler isto é porque o invocaches e nestes intres alumea ante os teus ollos, renacido outra vez pola graza da corrente eléctrica. Adiante, este museo cativo do meu embigo treme de ledicia con cada fugaz visita. Este blogue non está abandonado. Benvido.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 11

Latest Images

Trending Articles





Latest Images